O SABADIÑO DO ROQUE PREVIA INSCRICIÓN* ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos. Sábado, 5 de outubro ás 12.00 h Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos. | | Volver ao inicio MOSTRA: Superheroes Durante o mes de outubro os superheroes máis populares estarán nunha mostra para que o público que así o desexe poda admiralos na propia biblioteca ou levalos a casa en préstamo. Con esta mostra bibliográfica e audiovisual a biblioteca quere homenaxear os grandes heroes da banda deseñada: a Superman, Linterna Verde, Batman, Hulk Os Catro Fantásticos, X-Men, tamén a outros superheroes con non tan boa prensa coma Hellboy , Wahchmen ou o noso Superlópez. Do 7 de outubro ao 2 de novembro Horario de apertura da biblioteca Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. | | | Volver ao inicio A HORA DOS CONTOS "A hora dos contos" é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Xoves, 10 de outubro ás 18.00 h Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos. | | | Volver ao inicio SUPERHEROES: David Rubín e Fran Bueno Mesa de escritores David Rubín e Fran Bueno achegaranse a biblioteca para ter un encontro co público da biblioteca e amosarlles os segredos da creación de superheroes de banda deseñada. Venres, 11 de outubro ás 19.30 h Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. | | | Volver ao inicio CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. 1º e 3º xoves do mes ás 19.30 h 17 de outubro ás 19.30 h Para: Público socio do club. | | | Volver ao inicio REGUEIFAS O Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza esta sesión de regueifas. Sesión por conta de Josiño da Teixeira na que se fará unha breve introdución á improvisación oral na tradición galega, no Norte de Portugal e noutros lugares da xeografía mundial; así como á improvisación oral que se está a realizar na actualidade en Galicia. Falarase máis polo miúdo da regueifa e outras expresións. A seguir se levará a cabo unha demostración á que se invita a todas as persoas asistentes a participar. Sábado, 19 de outubro ás 12.00 h Para: Público maior de 14 anos. | | | Volver ao inicio DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS: Jacobo Fernández Co gallo da celebración o 24 de outubro do Día Internacional da Biblioteca, na BPM Xosé Neira Vilas unímonos ao festexo convidando a celebralo con nós a Jacobo Fernández, escritor e ilustrador galego para falar da importancia das bibliotecas na nosa sociedade. Xoves, 24 de outubro ás 12.00h Para: Actividade para centros de ensino. | | | Volver ao inicio CONTOS DAKÍ: Celso Fernández Sanmartín Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Fernández Sanmartín. Venres, 25 de outubro ás 19.30 h Para: Público adulto. | | | Volver ao inicio ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos. Sábado, 26 de outubro ás 12.00 h Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos. | | | Volver ao inicio MOSTRA: Samaín Co gallo de festexar a celebración do Samaín farase unha mostra de libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros, fantasmas e todos os seres que dan medo. Do 28 de outubro ao 2 de novembro Horario de apertura da biblioteca Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca. | | | Volver ao inicio ... E TAMÉN: Lembrade que o prazo de inscrición para o Sabadiño do Roque do mes de novembro ábrese o día 15 de outubro. Inscrición: *A xente interesada en participar nas actividades que precisen "previa inscrición" poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Volver ao inicio Si non visualizas ben o boletín fai clic aquí |