tema 7 crit ev
7. As fraccións
Obxectivo 1: Coñecer, entender e utilizar os distintos conceptos de fracción.
Criterio 1.1
Representa graficamente unha fracción sobre unha superficie circular ou rectangular.
Criterio 1.2
Determina a fracción que corresponde a cada parte dunha cantidade.
Criterio 1.3
Calcula a fracción dun número.
Criterio 1.4
Identifica unha fracción co cociente indicado de dous números. Pasa de fracción a decimal.
Criterio 1.5
Pasa a forma fraccionaria números decimais exactos sinxelos.
Obxectivo 2: Ordenar fraccións con axuda do cálculo mental ou pasándoas a forma decimal.
Criterio 2.1
Compara mentalmente fraccións en casos sinxelos (identifica se unha fracción é maior ou menor cá unidade, se é maior ou menor ca 1/2, compara fraccións de igual numerador, fraccións cuxos denominadores son un múltiplo do outro, etc.) e é capaz de xustificar as súas respostas.
Criterio 2.2
Ordena un conxunto de fraccións pasándoas a forma decimal.
Obxectivo 3: Entender, identificar e aplicar a equivalencia de fraccións.
Criterio 3.1
Calcula fraccións equivalentes a unha dada.
Criterio 3.2
Recoñece se dúas fraccións son equivalentes.
Criterio 3.3
Simplifica fraccións. Obtén a fracción irredutible dunha dada.
Criterio 3.4
Utiliza a igualdade dos produtos cruzados para completar fraccións equivalentes.
Obxectivo 4: Resolver algúns problemas baseados nos distintos conceptos de fracción.
Criterio 4.1
Resolve problemas nos que se pide o cálculo da fracción que representa a parte dun total.
Criterio 4.2
Resolve problemas nos que se pide o valor da parte (fracción dun número, problema directo).
Criterio 4.3
Resolve problemas nos que se pide o cálculo total (fracción dun número, problema inverso).