PENDIENTES DE 2º DE ESO TECNOLOXÍA

Publicado en por luis lora

 

 

 

TECNOLOXÍA PENDENTES DE 2º DE ESO

PREGUNTAS A RESPOSTAR POR PARTE DO ALUMNADO (escritas en vermello)

 Estas xunto co resto (criterios de avaliación) a preparar para o exame

 

1.     -  Cita exemplos de necesidades humanas e de produtos tecnolóxicos que pretenden satisfacelas.

 
 
 

2.     -  Enumera as vantaxes e inconvenientes dalgúns produtos tecnolóxicos representativos.

 
 
 

3.     -  Descobre no ámbito cotián problemas que se poderían resolver cun produto tecnolóxico.

 
 
 

4.     -  Analiza, de acordo cunha pauta determinada, a constitución física, o funcionamento, as aplicacións prácticas, etc., de distintos obxectos tecnolóxicos.

 
 
 
 

5.     -  Comunica as ideas e suxestións aos compañeiros do equipo de traballo.

 
 

6.     -  Reparte tarefas, toma decisións e asigna responsabilidades no grupo de traballo.

 
 

7.     -  Deseña obxectos sinxelos e represéntaos mediante debuxos, incluíndo as especificacións necesarias para que outra persoa sexa capaz de fabricalos.

 

8.     -  Planifica a forma na que se vai levar a cabo a fabricación dun obxecto.

 

9.     -  Fabrica pezas e obxectos sinxelos con cartón e cola, empregando para iso a regra, as tesoiras e o cutter.

 
 

10.   Respecta as normas de seguridade e hixiene no traballo dentro da aula taller.

 

11.   -  Describe, utilizando distintas técnicas e soportes, algunhas das características funcionais dun obxecto.

 
 

12.   -  Representa a man alzada obxectos empregando as vistas necesarias para poder describir as partes e elementos fundamentais que o constitúen, ou ben recorrendo á perspectiva, cando se vexa necesario.

 
 
 
 
 
 

13.   -  Valora a pulcritude, a sinxeleza, a creatividade, o sentido estético, a harmonía... na realización dos documentos e proxectos técnicos.

 
 
 

14.   -  Mide e traza pezas utilizando correctamente os instrumentos axeitados para cada material.

 
 

15.   -  Utiliza un editor gráfico para crear ou retocar imaxes dixitais.

 

16.   -  Elabora informes técnicos sinxelos sobre os obxectos que fabrica na aula de Tecnoloxía: bosquexos, presuposto, detalles construtivos, etc.

 
 
 
 

17.   -  Identifica os compoñentes fundamentais do ordenador e os seus periféricos, explicando a súa misión no conxunto.

 
 
 
 

18.   -  Coñece a configuración mínima necesaria para o funcionamento dun ordenador persoal.

 
 
 

19.   -  Manexa o teclado, o rato e outros soportes de entrada.

 
 
 

20.   -  Coñece e respecta as normas e criterios establecidos para o uso dos ordenadores e demais recursos da aula de informática.

 
 
 
 

21.   -  Realiza as operacións máis habituais no sistema operativo: arrancar aplicacións, abrir e pechar ventás, localizar arquivos, etc.

 
 
 
 

22.   -  Arranca e pecha correctamente os programas utilizados para desenvolver os contidos da unidade.

 
 
 
 

23.   -  Utiliza algúns accesorios do sistema operativo: calculadora, editor de notas, reprodutor multimedia, etc.

 
 
 
 

24.   -  Recoñece os materiais dos que están feitos os obxectos que nos rodean.

 
 
 

25.   -  Selecciona correctamente os materiais e as ferramentas que cómpre empregar na construción dos distintos obxectos e sistemas técnicos.

 
 

26.   -  Utiliza correctamente as ferramentas manuais e as técnicas necesarias, na construción dos obxectos e sistemas técnicos que se requiren para o desenvolvemento dos proxectos.

 
 
 
 
 
 

27.   -  Respecta as normas e os criterios establecidos para o uso e control das ferramentas e materiais da aula de Tecnoloxía.

 
 

28.   -  Persevera ante as dificultades e os obstáculos atopados no desenvolvemento do proxecto técnico.

 
 
 

29.   -  Fabrica pezas que se axustan a unha serie de especificacións previas (dimensións, material, etcétera) empregando as ferramentas e técnicas axeitadas.

 
 
 
 
 
 
 

30.   -  Enumera os principais problemas que resolven as estruturas e cita exemplos de estruturas que solucionan cada un deles.

 
 

31.   -  Recoñece os principais elementos que compoñen unha estrutura.

 
 

32.   -  Enumera os principais tipos de esforzo aos que se ven sometidos as columnas, os piares, os tirantes e outros elementos resistentes.

 
 
 

33.   -  Deseña e constrúe estruturas sinxelas (ramplas, torres, pontes, guindastres, etc.) de formas e de materiais diferentes, e con distintos efectos.

 
 
 

34.   -  Aumenta, mediante triangulación ou calquera outro procedemento, a resistencia dunha estrutura.

 
 

35.   Identifica os elementos fundamentais dun circuíto eléctrico, e a súa función dentro del.

 
 
 
 

36.   -  Realiza montaxes de circuítos eléctricos sinxelos en corrente continua, empregando pilas, interruptores, resistencias, lámpadas e motores, como resposta a un fin predeterminado.

 
 
 
 
 
 
 

37.   -  Coñece e respecta as normas de funcionamento e seguridade para a realización de actividades na aula taller.

 
 
 
 

38.   -  Identifica os compoñentes eléctricos máis representativos dos que se atopan dispoñibles na aula taller e indica cál é o uso que se lle pode dar a cada un deles.

 
 
 
 
 

39.   -  Monta circuítos eléctricos a partir dos correspondentes esquemas.

 
 

40.   -  Debuxa esquemas eléctricos a partir dos correspondentes circuítos montados.

 

41.   -  Deseña e constrúe compoñentes eléctricos para resolver os problemas tecnolóxicos que se formulan na unidade.

 

42.   -  Simula o funcionamento de circuítos eléctricos sinxelos coa axuda dun programa.

 
 
 

43.   -  Recoñece os principais compoñentes dunha rede local e sabe como conectalos.

 
 
 

44.   -  Sabe manexar un navegador: carga, imprime e garda páxinas web ou elementos contidos nelas.

 
 
 

45.   -  Localiza información na rede relacionada cun tema estipulado de antemán.

 
 

46.   -  Selecciona entre distintas informacións e explica o criterio ou os criterios empregados para levar a cabo a selección.

 
 
 
 

47.   -  Elabora documentos que conteñen elementos (textos, táboas, imaxes) obtidos en internet.

 
 
 
 

48.   -  Envía e recibe mensaxes de correo electrónico utilizando o servizo de correo web.

 
 
 

49.   -  Emprega o ordenador como instrumento para buscar información en internet e comunicarse.

 
 
 

50.   -  Obtén e configura unha conta de correo electrónico.

 
 

51.   -  Envía e recibe mensaxes, empregando un programa de correo electrónico.

 
 

52.   -  Utiliza algunhas das posibilidades avanzadas do xestor de correo: axenda de enderezos, grupos de correo, filtros e regras de correo.

 
 
 
 

53.   -  Localiza información na rede e carga, imprime e garda páxinas web ou elementos (texto, gráficos, sons, etc.) contidos nelas.

 
 
 

54.   -  Utiliza a rede con outros fins diversos: mantemento de conversacións, envío de mensaxes, intercambio de opinións, etc.

 
 
 

55.   -  Envía e recibe mensaxes, empregando un programa de mensaxería instantánea.

 
 

56.   -  Participa activamente en redes sociais virtuais como emisor e receptor de información e iniciativas comúns.

 
 
 

 

 
 
 

 

 

Publicidad

Etiquetado en tecnologia

Comentar este post