tema 1 crit ev

Publicado en por luis lora

1. Os números naturais

Obxectivo 1: Coñecer diferentes sistemas de numeración utilizados a través da historia. Diferenciar os sistemas aditivos dos posicionais.

Criterio 1.1

Codifica números en distintos sistemas de numeración, traducindo duns a outros (exipcio, romano, decimal...). Recoñece cando utiliza un sistema aditivo e cando un posicional.

Criterio 1.2

Establece equivalencias entre as distintas ordes de unidades do S.N.D.

Criterio 1.2

Le e escribe números grandes (millóns, millardos, billóns...).

Criterio 1.4

Aproxima números, por redondeo, a diferentes ordes de unidades.

Obxectivo 2: Manexar con soltura as catro operacións básicas con números naturais.

Criterio 2.1

Suma, resta, multiplica e divide números naturais.

Criterio 2.2

Resolve expresións con parénteses e operacións combinadas.

Obxectivo 3: Resolver problemas con números naturais.

Criterio 3.1

Resolve problemas aritméticos con números naturais que requiran unha ou dúas operacións.

Criterio 3.2

Resolve problemas aritméticos con números naturais que requiran tres ou máis operacións.

Obxectivo 4: Coñecer as prestacións básicas da calculadora elemental e facer un uso correcto desta.

Criterio 4.1

Realiza operacións combinadas coa súa calculadora adaptándose ás características da súa máquina (xerárquica ou non xerárquica).

 

Comentar este post