tema 10 crit ev
10. Álxebra
Obxectivo 1: Traducir a linguaxe alxébrica enunciados, propiedades ou relacións matemáticas.
Criterio 1.1
Traduce de linguaxe verbal a linguaxe alxébrica enunciados de índole matemática.
Criterio 1.2
Xeneraliza nunha expresión alxébrica o termo enésimo dunha serie numérica.
Obxectivo 2: Coñecer e utilizar a nomenclatura relativa ás expresións alxébricas e aos seus elementos.
Criterio 2.1
Identifica entre varias expresións alxébricas as que son monomios.
Criterio 2.2
Nun monomio, diferencia o coeficiente, a parte literal e o grao.
Criterio 2.3
Recoñece os monomios semellantes.
Obxectivo 3: Operar con monomios.
Criterio 3.1
Reduce ao máximo expresións con sumas e restas de monomios.
Criterio 3.2
Multiplica monomios.
Criterio 3.3
Reduce ao máximo o cociente de dous monomios.
Obxectivo 4: Coñecer, comprender e utilizar os conceptos e a nomenclatura relativa ás ecuacións e aos seus elementos.
Criterio 4.1
Diferencia e identifica os membros e os termos dunha ecuación.
Criterio 4.2
Recoñece se un valor dado é solución dunha determinada ecuación.
Obxectivo 5: Resolver ecuacións de primeiro grao cunha incógnita.
Criterio 5.1
Coñece e aplica as técnicas básicas para a transposición de termos x+a =b; x-a=b;x*a=b;x/a=b
Criterio 5.2
Resolve ecuacións do tipo (ax +b = cx + d) ou similares.
Criterio 5.3
Resolve ecuacións con parénteses.
Obxectivo 6: Utilizar as ecuacións como ferramentas para resolver problemas.
Criterio 6.1
Problemas sinxelos de números.
Criterio 6.2
Problemas de iniciación.
Criterio 6.3
Problemas máis avanzados.