tema 11 crit ev

Publicado en por luis lora

11. Rectas e ángulos

Obxectivo 1: Realizar construcións xeométricas sinxelas con axuda dos instrumentos de debuxo.

Criterio 1.1

Coñece e utiliza procedementos para o trazado de paralelas e perpendiculares.

Criterio 1.2

Constrúe a mediatriz dun segmento e coñece a característica común a todos os seus puntos.

Criterio 1.3

Constrúe a bisectriz dun ángulo e coñece a característica común a todos os seus puntos.

Obxectivo 2: Identificar relacións de simetría.

Criterio 2.1

Recoñece os eixes de simetría das figuras planas.

Criterio 2.2

Dada unha figura, representa a súa simétrica respecto a un eixe determinado.

Obxectivo 3: Medir, trazar e clasificar ángulos.

Criterio 3.1

Clasifica e nomea ángulos segundo a súa apertura e as súas posicións relativas.

Criterio 3.2

Nomea os distintos tipos de ángulos determinados por unha recta que corta a dúas paralelas e identifica relacións de igualdade entre eles.

Criterio 3.3

Utiliza correctamente o transportador para medir e debuxar ángulos.

Obxectivo 4: Operar con medidas de ángulos no sistema sesaxesimal, expresados en graos e minutos.

Criterio 4.1

Utiliza as unidades do sistema sesaxesimal e as súas equivalencias.

Criterio 4.2

Suma e resta medidas de ángulos expresados en forma complexa.

Criterio 4.3

Multiplica e divide a medida dun ángulo por un número natural.

Obxectivo 5: Coñecer e utilizar algunhas relacións entre os ángulos nos polígonos e na circunferencia.

Criterio 5.1

Coñece o valor da suma dos ángulos dun polígono e utilízao para realizar medicións indirectas de ángulos.

Criterio 5.2

Coñece as relacións entre ángulos inscritos e centrais nunha circunferencia e utilízaas para resolver sinxelos problemas xeométricos.

Comentar este post