tema 12 crit ev

Publicado en por luis lora

12. Figuras planas e espaciais

 

Obxectivo 1: Coñecer os triángulos, as súas propiedades, a súa clasificación e os seus elementos notables (rectas e circunferencias asociadas).

Criterio 1.1

Dado un triángulo, recoñece a clase á que pertence atendendo aos seus lados ou aos seus ángulos, e xustifica o porqué.

Criterio 1.2

Debuxa un triángulo dunha clase determinada (por exemplo, obtusángulo e isóscele).

Criterio 1.3

Identifica as mediatrices, bisectrices, medianas e alturas dun triángulo e coñece algunhas das súas propiedades.

Criterio 1.4

Constrúe as circunferencias inscrita e circunscrita a un triángulo e coñece algunhas das súas propiedades.

Obxectivo 2: Coñecer e describir os cuadriláteros, a súa clasificación e as propiedades básicas de cada un dos seus tipos. Identificar un cuadrilátero a partir dalgunhas das súas propiedades.

Criterio 2.1

Recoñece os paralelogramos a partir das súas propiedades básicas (paralelismo de lados opostos, igualdade de lados opostos, diagonais que se cortan no seu punto medio…).

Criterio 2.2

Identifica cada tipo de paralelogramo coas súas propiedades características.

Criterio 2.3

Describe un cuadrilátero dado, proporcionando propiedades que o caracterizan.

Criterio 2.4

Traza os eixes de simetría dun cuadrilátero.

Obxectivo 3: Coñecer as características dos polígonos regulares, os seus elementos, as súas relacións básicas e saber realizar cálculos e construcións baseados neles.

Criterio 3.1

Traza os eixes de simetría dun polígono regular dado.

Criterio 3.2

Distingue polígonos regulares de non regulares e explica o porqué son o un e o outro.

Obxectivo 4: Coñecer os elementos da circunferencia, as súas relacións e as relacións de tanxencia entre recta e circunferencia, e entre dúas rectas.

Criterio 4.1

Recoñece a posición relativa dunha recta e dunha circunferencia a partir do raio e da distancia do seu centro á recta, e debúxaas.

Criterio 4.2

Recoñece a posición relativa de dúas circunferencias a partir dos seus raios e a distancia entre os seus centros, e debúxaas.

Obxectivo 5: Coñecer e aplicar o teorema de Pitágoras.

Criterio 5.1

Dadas as lonxitudes dos tres lados dun triángulo, recoñece se é ou non rectángulo.

Criterio 5.2

Calcula o lado descoñecido dun triángulo rectángulo coñecidos os outros.

Criterio 5.3

Nun cadrado ou rectángulo, aplica o teorema de Pitágoras para relacionar a diagonal cos lados e calcular o elemento descoñecido.

Criterio 5.4

Nun rombo, aplica o teorema de Pitágoras para relacionar as diagonais co lado e calcular o elemento descoñecido.

Criterio 5.5

Nun trapecio rectángulo ou isóscele, aplica o teorema de Pitágoras para establecer unha relación que permita calcular un elemento descoñecido.

Criterio 5.6

Nun polígono regular, utiliza a relación entre raio, apotema e lado para, aplicando o teorema de Pitágoras, determinar un destes elementos a partir dos outros.

Criterio 5.7

Relaciona numericamente o raio dunha circunferencia coa lonxitude dunha corda e a súa distancia ao centro.

Criterio 5.8

Aplica o teorema de Pitágoras na resolución de problemas xeométricos sinxelos.

Criterio 5.9

Aplica o teorema de Pitágoras no espazo.

Obxectivo 6: Coñecer figuras espaciais sinxelas, identificalas e nomear os seus elementos fundamentais.

Criterio 6.1

Identifica poliedros, noméaos axeitadamente (prisma, pirámide...) e recoñece os seus elementos fundamentais.

Criterio 6.2

Identifica corpos de revolución (cilindro, cono, esfera...) e recoñece os seus elementos fundamentais.

Comentar este post