tema 13 crit ev

Publicado en por luis lora

13. Áreas e perímetros

Obxectivo 1: Coñecer e aplicar os procedementos e fórmulas para o cálculo directo de áreas e perímetros de figuras planas.

Criterio 1.1

Calcula a área e o perímetro dunha figura plana (debuxada) dándolle todos os elementos que necesita:

Criterio 1.2

Calcula a área e o perímetro dun sector circular se lle dan o raio e o ángulo.

Criterio 1.3

Calcula a área de figuras nas que debe descompoñer e recompoñer para identificar outra figura coñecida.

Criterio 1.4

Resolve situacións problemáticas nas que interveñan áreas e perímetros.

Obxectivo 2: Obter áreas tras calcular, previamente, algún segmento mediante o teorema de Pitágoras.

Criterio 2.1

Calcula a área e o perímetro dun triángulo rectángulo, se lle dan dous dos seus lados (sen a figura).

Criterio 2.2

Calcula a área e o perímetro dun rombo, se lle dan as súas dúas diagonais ou unha diagonal e o lado.

Criterio 2.3

Calcula a área e o perímetro dun trapecio rectángulo ou isóscele cando non se lle dá a altura ou un dos lados.

Criterio 2.4

Calcula a área e o perímetro dun segmento circular (debuxado) se lle dan o raio, o ángulo e a distancia do centro á base.

Criterio 2.5

Calcula a área e o perímetro dun triángulo equilátero ou dun hexágono regular se lle dan o lado.

Comentar este post