tema 14 crit ev

Publicado en por luis lora

14. Táboas e gráficas

Obxectivo 1: Dominar a representación e interpretación de puntos nuns eixes cartesianos.

Criterio 1.1

Representa puntos dados polas súas coordenadas.

Criterio 1.2

Asigna coordenadas a puntos dados graficamente.

Obxectivo 2: Interpretar puntos ou gráficas que responden a un contexto.

Criterio 2.1

Interpreta puntos dentro dun contexto.

Criterio 2.2

Interpreta unha gráfica que responde a un contexto.

Obxectivo 3: Elaborar e interpretar táboas estatísticas.

Criterio 3.1

Elabora unha táboa de frecuencias a partir dun conxunto de datos.

Criterio 3.2

Interpreta táboas de frecuencias sinxelas e táboas de dobre entrada.

Obxectivo 4: Representar graficamente información estatística dada mediante táboas e interpretar información estatística dada graficamente.

Criterio 4.1

Representa os datos dunha táboa de frecuencias mediante un diagrama de barras ou un histograma.

Criterio 4.2

Representa datos mediante un diagrama de sectores.

Criterio 4.3

Interpreta información estatística dada graficamente (mediante diagramas de barras, polígonos de frecuencias, histogramas, diagramas de sectores).

Obxectivo 5: Coñecer o concepto de variable estatística e os seus tipos.

Criterio 5.1

Distingue entre variables cualitativas e cuantitativas en distribucións estatísticas concretas.

Obxectivo 6: Identificar sucesos aleatorios e asignarlles probabilidades.

Criterio 6.1

Distingue sucesos aleatorios dos que non o son.

Criterio 6.2

Calcula a probabilidade dun suceso extraído dunha experiencia regular, ou dunha experiencia irregular a partir da frecuencia relativa.

Comentar este post