tema 4 crit ev

Publicado en por luis lora

2. Potencias e raíces

Obxectivo 1: Coñecer o concepto de potencia de expoñente natural e manexar con soltura as súas propiedades máis elementais.

Criterio1.1

Interpreta como potencia unha multiplicación reiterada.

Criterio 1.2

Calcula o valor de potencias sinxelas.

Obxectivo 2: Manexar con soltura as propiedades elementais das potencias.

Criterio 2.1

Calcula o valor de expresións aritméticas nas que interveñen potencias.

Criterio 2.2

Reduce expresións aritméticas e alxébricas sinxelas con potencias (produto e cociente de potencias da mesma base, potencia doutra potencia, etc.).

Obxectivo 3: Coñecer o concepto de raíz cadrada dun número e saber calculala en casos sinxelos.

Criterio 3.1

Calcula mentalmente a raíz cadrada enteira dun número menor ca 100 apoiándose nos dez primeiros cadrados perfectos.

Criterio 3.2

Calcula, por tenteo, raíces cadradas enteiras de números maiores de 100.

Criterio 3.3

Calcula raíces cadradas enteiras de números maiores ca 100 utilizando o algoritmo.

Comentar este post