tema 5 crit ev

Publicado en por luis lora

5. Números decimais

Obxectivo 1: Coñecer a estrutura do sistema de numeración decimal.

Criterio 1.1

Le e escribe números decimais.

Criterio 1.2

Coñece as equivalencias entre as distintas ordes de unidades.

Obxectivo 2: Ordenar números decimais e representalos sobre a recta numérica.

Criterio 2.1

Ordena series de números decimais. Asocia números decimais cos correspondentes puntos da recta numérica.

Criterio 2.2

Dados dous números decimais escribe outro entre eles.

Criterio 2.3

Redondea números decimais á orde de unidades indicada.

Obxectivo 3: Coñecer as operacións entre números decimais e manexalas con soltura.

Criterio 3.1

Suma e resta números decimais. Multiplica números decimais.

Criterio 3.2

Divide números decimais (con cifras decimais no dividendo, no divisor ou nos dous).

Criterio 3.3

Multiplica e divide pola unidade seguida de ceros.

Criterio 3.4

Calcula a raíz cadrada dun número decimal coa aproximación que se indica (por tenteos sucesivos, mediante o algoritmo, ou coa calculadora).

Criterio 3.5

Resolve expresións con operacións combinadas entre números decimais, apoiándose, se convén, na calculadora.

Obxectivo 4: Resolver problemas aritméticos con números decimais.

Criterio 4.1

Resolve problemas aritméticos con números decimais, que requiran unha ou dúas operacións.

Criterio 4.2

Resolve problemas aritméticos con números decimais, que requiran máis de dúas operacións.

Comentar este post