tema 9 crit ev
9. Proporcionalidade e porcentaxes
Obxectivo 1: Identificar as relacións de proporcionalidade entre magnitudes.
Criterio 1.1
Recoñece se entre dúas magnitudes existe relación de proporcionalidade e diferencia a proporcionalidade directa da inversa.
Obxectivo 2: Construír e interpretar táboas de valores correspondentes a pares de magnitudes proporcionais.
Criterio 2.1
Completa táboas de valores directamente proporcionais e obtén delas pares de fraccións equivalentes.
Criterio 2.2
Completa táboas de valores inversamente proporcionais e obtén delas pares de fraccións equivalentes.
Criterio 2.3
Obtén o termo descoñecido nun par de fraccións equivalentes, a partir dos outros tres coñecidos.
Obxectivo 3: Coñecer e aplicar técnicas específicas para resolver problemas de proporcionalidade.
Criterio 3.1
Resolve problemas de proporcionalidade directa polo método de redución á unidade e coa regra de tres.
Criterio 3.2
Resolve problemas de proporcionalidade inversa polo método de redución á unidade e coa regra de tres.
Obxectivo 4: Comprender o concepto de porcentaxe e calcular porcentaxes directos.
Criterio 4.1
Identifica cada porcentaxe cunha fracción.
Criterio 4.2
Calcula a porcentaxe indicada dunha cantidade dada.
Criterio 4.3
Calcula porcentaxes coa calculadora.
Obxectivo 5: Resolver problemas de porcentaxes.
Criterio 5.1
Resolve problemas de porcentaxes directas.
Criterio 5.2
Resolve problemas nos que se pide a porcentaxe ou o total.
Criterio 5.3
Resolve problemas de aumentos e diminucións porcentuais.