tema 6 crit ev

Publicado en por luis lora

6. O sistema métrico decimal

Obxectivo 1: Identificar as magnitudes e diferenciar as súas unidades de medida.

Criterio 1.1

Diferenza, entre as calidades dos obxectos, as que son magnitudes.

Criterio 1.2

Asocia a cada magnitude as unidades de medida que lle corresponden.

Criterio 1.3

Elixe en cada caso a unidade axeitada á cantidade que se vai medir.

Obxectivo 2: Coñecer as unidades de lonxitude, capacidade e peso do S.M.D. e utilizar as súas equivalencias para efectuar cambios de unidade e para manexar cantidades en forma complexa e incomplexa.

Criterio 2.1

Coñece a equivalencia entre os distintos múltiplos e submúltiplos do metro, do litro e do gramo.

Criterio 2.2

Cambia de unidade cantidades de lonxitude, capacidade e peso.

Criterio 2.3

Transforma cantidades de lonxitude, capacidade e peso de forma complexa a incomplexa e viceversa.

Criterio 2.4

Opera con cantidades en forma complexa.

Obxectivo 3: Coñecer o concepto de superficie e da súa medida.

Criterio 3.1

Utiliza métodos directos para a medida de superficies (contaxe de unidades cadradas) utilizando unidades invariantes (arbitrarias ou convencionais).

Criterio 3.2

Utiliza estratexias para a estimación da medida de superficies irregulares.

Obxectivo 4: Coñecer as unidades de superficie de S.M.D. e utilizar as súas equivalencias para efectuar cambios de unidade e para manexar cantidades en forma complexa e incomplexa.

Criterio 4.1

Coñece as equivalencias entre os distintos múltiplos e submúltiplos do metro cadrado.

Criterio 4.2

Cambia de unidade cantidades de superficie.

Criterio 4.3

Transforma cantidades de superficie de forma complexa a incomplexa e viceversa.

Criterio 4.4

Opera con cantidades en forma complexa.

Comentar este post