tema 8 crit ev

Publicado en por luis lora

8. Operacións con fraccións

Obxectivo 1: Reducir fraccións a común denominador, baseándose na equivalencia de fraccións.

Criterio 1.1

Reduce a común denominador fraccións con denominadores sinxelos (o cálculo do denominador común faise mentalmente).

Criterio 1.2

Reduce a común denominador calquera tipo de fraccións (o cálculo do denominador común esixe a obtención previa do mínimo común múltiplo dos denominadores).

Criterio 1.3

Ordena calquera conxunto de fraccións reducíndoas a común denominador.

Obxectivo 2: Operar fraccións.

Criterio 2.1

Calcula sumas e restas de fraccións de distinto denominador. Calcula sumas e restas de fraccións e enteiros. Expresións con parénteses.

Criterio 2.2

Multiplica fraccións.

Criterio 2.3

Calcula a fracción dunha fracción.

Criterio 2.4

Divide fraccións.

Criterio 2.5

Resolve expresións con operacións combinadas de fraccións.

Obxectivo 3: Resolver problemas con números fraccionarios.

Criterio 3.1

Problemas de fraccións con operacións aditivas.

Criterio 3.2

Problemas de fraccións con operacións multiplicativas.

Criterio 3.3

Problemas nos que aparece a fracción doutra fracción.

Comentar este post